Primaria

O noso obxectivo é facilitar ao alumnado as aprendizaxes da expresión e comprensión oral, a lectura, a escritura, o cálculo e a adquisición de nocións xerais de cultura e hábitos de convivencia e estudo. Dedicamos especial atención á diversidade, cunha atención individualizada e a prevención das dificultades de aprendizaxe e a posta en práctica de mecanismos de reforzo e ampliación. Tentamos ser un colexio aberto, flexible e respectuoso con todos. Orientamos o noso traballo cara ao logro da formación integral do alumno, que lle capacite para incorporarse con éxito á seguinte etapa educativa, e integrarse nunha sociedade libre, con ánimo participativo, democrático e tolerante.

:: Campaña reciclaxe nas aulas de primaria.::

Apostamos pola educación ambiental como un valor a ensinar aos nosos alumnos. A natureza e o noso entorno e fonte de vida, e necesario o seu coidado diario. Traballamos cos nosos alumnos os 3 ERRES / REDUCE - REUTILIZA E RECICLA.

Unha bonita forma de empezar a cambiar o mundo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies