ESO

A etapa de Educación Secundaria consta de catro cursos académicos entre os doce e os dezaseis anos de idade. O fin é lograr que o alumnado adquira os elementos básicos da cultura, especialmente, nos seus aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico; que desenvolva e consolide hábitos de estudo e de traballo; preparar ao alumnado para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral. Un dos nosos principais obxectivos é educar en valores aos nosos alumnos para a súa formación integral como persoas. Para iso contamos con:
* Metodoloxía activa e participativa para o desenvolvemento de habilidades superiores de pensamento crítico e construtivo.
* Potenciación do traballo autónomo, a autoexigencia, o esforzo e a reflexión persoal.
* Ampliación de horas lectivas na aprendizaxe do inglés.
* Realización das probas de Cambridge a través de PIPE.
* Estratexias de Aprendizaxe para a perfección da planificación do horario e condicións idóneas do estudo.
* Atención á diversidade de ritmos de aprendizaxe do alumnado.
* Reforzos en materias procedementais fora do horario lectivo.
* Plan de Fomento da lectura e desenvolvemento da expresión escrita.
* Formación no coñecemento e aplicación das Novas Tecnoloxías: libros dixitais, recursos multimedia e manexo das ferramentas informáticas máis demandadas.
* Plan de Acción Titorial que establece canles de comunicación fluídos e constantes entre as familias, titores, profesores e alumnos.

:: ROBÓTICA 2º ESO - TECNOLOXÍA ::


Os alumnos de 2º da ESO dan comenzo o seu contacto coa robótica na asignatura de Tecnoloxia. Apostamos por implicar aos nosos alumnnos nas novas tecnoloxías e na adquisión de novos coñecementos nas TIC . Ao mesmo tempo os alumnos traballan cas aplicacións google e co traballo en cooperación. Nestes momentos traballan ca ferramenta Blogger na creación de blogs en relación co traballado en robótica
Grupo Robótica 1
Grupo Robótica 2
Grupo Robótica 3
Grupo Robótica 4
Grupo Robótica 5