Infantil

O segundo ciclo de Educación Infantil comprende tres cursos académicos que se cursan entre os tres e os seis anos de idade. O obxectivo fundamental nesta etapa é estimular o desenvolvemento de todas as capacidades persoais, tanto físicas como psíquicas (afectivas, intelectuais, emocionais, sociais, etc) do alumno para que desenvolva todas as súas potencialidades, facilitándolle así a súa adaptación ao Colexio e favorecendo que senta seguro e feliz. Durante este ciclo contribúese ao desenvolvemento físico, sensorial, intelectual, afectivo e social do neno e desenvólvense e poténcianse progresivamente as habilidades necesarias para a aprendizaxe da lectura, a escritura, a representación numérica e o cálculo. Preténdese así aumentar as súas capacidades intelectuais e prepararlle para cursar a Educación Primaria. Nesta etapa tense como obxectivo a adquisición de coñecementos pero tamén se persegue que o neno adquira hábitos básicos de comportamento e mellore nas súas habilidades sociais. Nestes cursos valórase positivamente a presenza e a participación das familias a través de Talleres e Actividades nas nosas aulas. Nas nosas aulas están presentes as Novas Tecnoloxías xa que están dotadas de Taboleiro dixital, computadores e acceso a Internet.