Primaria
O noso obxectivo é facilitar ao alumnado as aprendizaxes da expresión e comprensión oral, a lectura, a escritura, o cálculo e a adquisición de nocións xerais de cultura e hábitos de convivencia e estudo.
Dedicamos especial atención á diversidade, cunha atención individualizada e a prevención das dificultades de aprendizaxe e a posta en práctica de mecanismos de reforzo e ampliación.
Tentamos ser un colexio aberto, flexible e respectuoso con todos. Orientamos o noso traballo cara ao logro da formación integral do alumno, que lle capacite para incorporarse con éxito á seguinte etapa educativa, e integrarse nunha sociedade libre, con ánimo participativo, democrático e tolerante.
:: Campaña reciclaxe nas aulas de primaria.::
Apostamos pola educación ambiental como un valor a ensinar aos nosos alumnos. A natureza e o noso entorno e fonte de vida, e necesario o seu coidado diario. Traballamos cos nosos alumnos os 3 ERRES / REDUCE - REUTILIZA E RECICLA.Unha bonita forma de empezar a cambiar o mundo.