Colegio Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras

ÚLTIMAS NOVAS

24 febrero, 2025

Admisión Curso 25-26

MATRÍCULA CURSO 2025/2026 A partires do día 1 de Marzo ábrese o prazo de matrícula para o curso académico 2025/2026 nos cursos de E. Infantil, E. […]
14 marzo, 2024

Punto Laranxa

Espazo físico onde podedes denunciar de xeito ANÓNIMO unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar. Se dectectas algún caso ou te sentes vítima de acoso […]
Ven e coñécenos

This is the author

:: ETAPAS ::

:: O NOSO CENTRO ::

O colexio Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras ( Ribeira ) é un centro concertado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, que oferta a escolarización para as etapas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. Ademais ofrece tamén o servizo de madrugadores gratuíto para todas as familias, que por diversas razóns, necesitan facer uso deste servizo.

O noso centro é unha escola dunha soa liña que ofrece atención individualizada adecuada ás necesidades dos nosos alumnos/as. Todo isto dentro do marco das escolas “Corazonistas” fundadas por Nai Isabel Larrañaga e que hoxe en día compartimos Carisma coa Misión Compartida Corazonista.

A nosa identidade é a dun centro católico que se fundamenta nun sistema de valores tanto humanos como cristiáns que pretenden a formación integral dos nosos alumnos en todos os aspectos.

Así a través dunha visión transcendente canalizamos un tipo de pedagoxía personalizada e preventiva, chea de amor e respecto.

Como Colexio “Corazonista” partimos do noso carácter propio inspirado na figura de Nai Isabel, que fundamentou a súa pedagoxía en dous grandes piares: previr e amar.

Principios que consideramos válidos para a educación en todas as etapas, lugares e momentos históricos e cremos que son algúns dos puntos fortes que poden propiciar a elección do noso centro para as xeracións vindeiras.

O feito de que sexamos unha escola “familiar” dunha soa liña facilita o contacto directo cos alumnos e as familias, coas necesidades que cada un poida presentar nun momento determinado, xa que sempre contarán coa inestimable axuda de toda a Comunidade Educativa na formación dos nosos fillos/fillas e conseguir persoas honradas, responsables e traballadoras.

O traballo do profesorado ten un maior grao de coordinación, xa que todo o equipo practicamente está ao día do que lle ocorre a cada alumno, cun trato persoal, individualizado e adaptado ás diferentes necesidades a cubrir cando as circunstancias así o requiran.

Solicita información ahora
981 840 381
639 992 606

Contacta con nosotros